Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Bitácora do Nordés

Blog de Manuel Cendán

Benvido/a e grazas pola túa visita, tamén podes acceder desde http://manuelcendan.com

Búsqueda

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Estadisticas visitas

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Sábado, 18 de Febreiro de 2006

Veu visitarme o mar

A novela de Rosa Aneiros, editada por Xerais.

Hai algún tempo que Rosa Aneiros chamou a miña atención por dúas razóns; é de preto de Ferrol, exactamente de Meirás; e sobre todo, a referencia á anterior novela, tamén publicada por Xerais: Resistencia.
Non lembro en que xornal lin a reseña. Mais, que aparecera como “apadriñada” por Álvaro Cunhal, para min era motivo máis que suficiente. Quizais, sexa polo profundo respecto que teño por Portugal, e a súa Revolução dos Caraveis, por personaxes como Mário Soares, que ámbolos dous son referencias inescusables para entende-lo Portugal de hoxe. Portugal é realmente a Galicia que se fixo maior de idade, a irmá que perdemos cando a expulsaron de España, xentes que hoxe teñen como herdeiros aos Acebes de turno.
Lin como para escribir “Resistencia” chamara ao PCP, preguntando por Cunhal, buscaba información sobre a loita contra a Ditadura e a situación na cárcere de Peniche. Como o seu interlocutor preguntáballe para que quería falar co líder histórico portugués, até co final resultou ser el mesmo. A novela tamén está traducida ao portugués.
“Veu visitarme o mar”, narra unha fin de etapa da vida dunha cordobesa – neta dun galego represaliado - vida para axudar contra a contaminación do “Mar Exeo”, na entrada d’A Coruña. E dez anos despois atópase coa marea negra do “Prestige”.
Para min, foi unha novela máis difícil de ler que “Resistencia”, hai momentos que corre o risco de repetirse, máis sempre encontra como recupera-lo pulso á historia. Indubidablemente, que ocorra en medio da marea negra, do Nunca Máis, de aquilo que supuxo un golpe tan tremendo na nosa conciencia como seres humanos, que por unha vez actuamos todos como país, e que recibimos a solidariedade de milleiros e anónimos voluntarios que viñan a axudar a carretar coas súas propias mans o chapapote. De aquel que “Mariano” dicía que eran só “unos hilillos”; sírvelle para presentar unha historia que alcanza momentos nos que a pel racha cos ósos.
Hai páxinas que para aqueles que temos impresos na memoria as nosas costas cheas de fuel desgárranos como se hoxe aínda estiveramos en plena traxedia.
Resulta curioso, pero ao igual que en “Resistencia” non me gusta o final. Non me gusta que Alba deixe aberta a porta á reconciliación con Marcos. Sería un xeito de volver ao fracaso do pasado. E na anterior novela, non me gustou que non se reencontraran os protagonistas, que ela non soubera que el seguía a existir, que non morrera no cárcere de Peniche.
Supoño que é porque téñolle unha profunda envexa a Rosa e á xente que coma ela é capaz de contar unha historia. De momento, seguirei a esperar á próxima novela, e mentres tanto conformareime con ler os seus artigos no Diario de Ferrol.
En definitiva, lede “Veu visitarme o mar”, e tamén “Resistencia”. Vale a pena.

Por: M Cendán | Bitácora do Día | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009