Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Bitácora do Nordés

Blog de Manuel Cendán

Benvido/a e grazas pola túa visita, tamén podes acceder desde http://manuelcendan.com

Búsqueda

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Estadisticas visitas

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Martes, 30 de Maio de 2006

Censura Informativa en Ferrol

Como directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán, fágome eco da polémica que hai na cidade de Ferrol, sobre o Premio José Couso á Liberdade de Prensa a Le Monde Diplomatique, recollido por Ignacio Ramonet o día 26 de maio, hai moi pouco tamén colaborador, xunto con Ramón Chao, habituais do xornal “La Voz de Galicia”.

Ademais, Fuco Buxán reenviou o documento "Censura Informativa", recibido dunha Asociación Veciñal de Ferrol, e por un simple erro humano dá a impresión que se subscribía a totalidade do texto, cando non é así. A Asociación Fuco Buxán quere rectificar este erro e di:


“1º.- Manifestar a nosa solidariedade cos periodistas Ignacio Ramonet e Ramón Chao, e denuncia-la actitude inquisitorial do Presidente de “La Voz de Galicia”, contraria á liberdade de expresión e ó dereito á información.
2º.- Pór de manifesto o noso desacordo coa ausencia de información por parte de “La Voz de Galicia” respecto ó acto de entrega do premio "José Couso de libertad de prensa", organizado polo Club de Prensa de Ferrol e o Colexio de Xornalistas de Galicia, que nesta segunda edición recaeu no periódico Le Monde Diplomatique, dirixido por Ignacio Ramonet.
3º.- Queremos manifestar a nosa confianza na profesionalidade dos periodistas de “La Voz de Galicia”, alleos á responsabilidade da presidencia do periódico”.

Por tanto, dicir que se ben coincidimos coa filosofía de defensa da liberdade de prensa e opinión do correo da asociación veciñal ferrolá, consideramos, e eu tamén, cós traballadores da Voz de Galicia non teñen responsabilidade na liña editorial do seu xornal, que recentemente prenscindeu de Ramonet e Chao, por razóns que xa na rede todos coñecemos.

Os traballadores de “La Voz de Galicia” fan da mellor forma posible o seu traballo, coa máxima profesionalidade e merecen todos os recoñecementos e respectos.

Por iso, consideramos e considero que non se pode subscribir, de ningún xeito, o derradeiro paragrafo do comunicado da A VV.

Ver Correo Reenviado: Censura Informativa.

Por: M Cendán | Bitácora do Día | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009