Benvido/a e grazas pola túa visita, tamén podes acceder desde http://manuelcendan.com
Colaboro en:
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Mércores, 21 de Xuño de 2006
Nas mobilizacións estudantís de finais dos oitenta ocupei postos de responsabilidade tanto na Coordinadora de Estudantes de Ferrol, como máis tarde na Comisión Negociadora do Sindicato de Estudantes de Galicia.
Incorporeime ás filas socialistas, na Agrupación Local de Ferrol, coa integración colectiva dos ex militantes do Partido dos Traballadores, presidido por Santiago Carrillo, aínda que xa previamente participei no Comité de Campaña Comarcal do PSOE para as eleccións municipais de maio de 1991.
Fun vogal da executiva galega das Xuventudes Socialistas (XSG), sendo reelixido no congreso galego de 1992, como secretario de dinamización. Así mesmo, fun secretario executivo na área de organización da Agrupación Comarcal do PSdeG - PSOE de Ferrol entre 1991 até 1993.
Formo parte do Consello de Redacción da revista “Razón Socialista” dende a súa fundación en 1995, cuxo primeiro número saíu á rúa aquel 1º de Maio. En 1999, participei na fundación da Asociación Cultural Fuco Buxán, da que fun o seu secretario até marzo de 2006, e dende aquela son o seu coordinador de movementos sociais.
Colaboro con artigos periódicos no Diario de Ferrol, desde a súa fundación, tamén en 1999.
Estou afiliado a UGT e son traballador siderúrxico.
Dende o 4 de marzo de 2006, son membro do Comité Comarcal do PSOE de Ferrolterra.
Tamén colaboro co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, e participo na Rede de Blogs Socialistas".
Por: M Cendán | Detrás da Bitácora | Comentarios (0) | Referencias (0)
Os comentarios están pechados