Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Bitácora do Nordés

Blog de Manuel Cendán

Benvido/a e grazas pola túa visita, tamén podes acceder desde http://manuelcendan.com

Búsqueda

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Estadisticas visitas

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Domingo, 23 de Xullo de 2006

Comunicado da Rede de Blogs Socialistas

Recentemente tivemos coñecemento que un sitio na web denominado "Red Anti-PP" (http://www.anti-pp.com/) enlazou entre outros blogs, a este Portal. Sen ter coñecemento desde Red de Blogs Socialistas deste feito, nin habernos solicitado permiso previo para elo. Por este motivo, os abaixo firmantes, queremos facer pública a seguinte declaración:

1. As Redes de Blogs en xeral, e as de carácter político en particular, intentan agrupar a autores e autoras de blogs, co obxecto de darse a coñecer, e ao mesmo tempo, as Redes de Blogs serven como polos de atracción da comunidade internauta, entre outras funcións.

2. A ética blog, esixe, que para formar parte dunha Rede de Blogs, dita incorporación sexa coñecida e admitida libremente polo autor u autora do blog.

3. Os socialistas, por definición somos demócratas. Polo tanto, calquera Rede que sexa "ANTI" calquer Partido Político, democraticamente constituido, incluso discrepante coa nosa liña política e ideolóxica, non é unha Rede que consideremos democrática.

4. Rede de Blogs Socialistas non é unha Rede Anti Partido Popular. Rede de Blogs Socialistas é respectuosa e corresponsable co ordenamiento democrático e constitucional do noso país.

5. Internet é un espazo de libre pensamento, pero tamén de tolerancia. Por elo non compartimos que se utilice o prefixo "ANTI", para definir un espazo en contra dunha organización legalmente constituida, aínda que non compartamos a súa liña política nin estratéxica.

6. Esiximos aos administradores desta suposta Rede, retiren de forma inmediata o enlace co noso Portal. E esperamos que na blogosfera se respecten os ámbitos de liberdade de expresión, autenticidade e por suposto de agregación nos mesmos.

Ver sinaturas

Por: M Cendán | Bitácora do Día | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009