Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Bitácora do Nordés

Blog de Manuel Cendán

Benvido/a e grazas pola túa visita, tamén podes acceder desde http://manuelcendan.com

Búsqueda

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Estadisticas visitas

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Xoves, 10 de Agosto de 2006

Novás e Torregrosa en Valdoviño

Neste verán no Concello de Valdoviño están a realizar diversas actividades no eido da música, do cine, teatro, e outras actividades. Entre elas desde o día 1 ao 20 de agosto na sala de exposicións da Casa da Cultura pódese visitar unha mostra de pinturas do artista ferrolán Víctor García Novás.

Novás como xa sabedes é o autor, tamén da ilustración que leva de portada a novela “Abordajes”, editada por Edicións Embora, cuxo autor e José Torregrosa.

Se queredes tamén podedes este venres 11 de agosto, a partir das 20.30 horas asistir á presentación, no marco da exposición do propio Víctor, desta novela. Este acto está organizado conxuntamente pola Asociación Fuco Buxán e a Concellería de Cultura do propio Concello de Valdoviño. Será presentado polo prologuista da novela Luís Molist e por “Lalán”, presidente desta asociación cultural.

Tanto a exposición de Víctor Novás como a propia novela de José Torregrosa son dun interese especial que merece a pena que fixemos a nosa atención e lles dediquemos unha parte do noso lecer veraniego.

Cando menos distraerannos por uns intres da preocupación por eses lumes que asolan a nosa Terra.

P.D.: Na foto de desde a esquerda, Víctor, Torregrosa e Molist.






Por: M Cendán | Bitácora do Día | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009