Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Bitácora do Nordés

Blog de Manuel Cendán

Benvido/a e grazas pola túa visita, tamén podes acceder desde http://manuelcendan.com

Búsqueda

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Estadisticas visitas

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Luns, 28 de Agosto de 2006

A Memoria antifranquista (ou democrática) na ría de Ferrol

Esta semana estivo na nosa ría o Barco da Memoria antifranquista. A fin de semana pasada no peirao de Mugardos e á metade desta semana no de Ferrol.

O martes 22, uns centos de ferroláns fumos a recibilo. Entre nós estaban responsables políticos e concelleiros das tres forzas progresistas: Iván Puentes (secretario comarcal do PSOE), Ignacio (secretario comarcal das xuventudes socialistas), Yolanda Díaz (voceira nacional de EU), o Presidente da Autoridade Portuaria Amable Dopico, o Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Xaime Bello, xentes das asociacións veciñais, culturais como Artabria, Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática...

Salientar en negativo có Alcalde Juan Juncal e a maioría de Goberno no Concello de Ferrol (PP e IF) non estiveron. Quizais aínda non saben cá Constitución e os Estatutos son fillos ideolóxicos da Segunda República Española.

Cinco mil persoas, segundo a prensa local, pasaron polo Barco da Memoria “Hidria II”. Probablemente, se fose en maio ou setembro poderían ter sumado aos institutos, á Universidade e moita máis xente.

Recuperar a nosa Memoria histórica e recoñecer a aqueles que defenderon á Segunda República, a quen foron asasinados e torturados polos fascistas; así como a aqueles que levantaron, en condicións moi duras, as bandeiras da liberdade e da democracia contra o franquismo, até que se aprobou en 1978 a nosa Constitución, é unha obriga democrática e unha necesidade para afortalar á sociedade española.

Ver fotos Barco da Memoria

Por: M Cendán | Bitácora do Día | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009