Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Bitácora do Nordés

Blog de Manuel Cendán

Benvido/a e grazas pola túa visita, tamén podes acceder desde http://manuelcendan.com

Búsqueda

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Estadisticas visitas

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Sábado, 25 de Novembro de 2006

Acsur ou a auga de maio

O ano pasado, como ben sabedes, Fuco Buxán tratou o asunto do novo Estatut para Catalunya. Este debate foi en Sargadelos e tivemos a sorte de poder contar co deputado socialista por Barcelona, Jordi Pedret .

Jordi é un “estraño” representante da soberanía popular que rompe coa imaxe que tradicionalmente se ten deste tipo de persoas. Entre outras cousas resultou ser tamén o vicepresidente dunha ONG para o desenvolvemento chamada ACSUR – Las Segovias, que ademais foi fundada por un histórico da esquerda catalá como é Miguel Núñez.
ACSUR desenvolve as súas actividades en diversos países iberoamericanos e no mundo árabe, especialmente en Palestina. O seu apelido “Las Segovias”, é herdanza do seu primeiro traballo a prol da Nicaragua sandinista.

Non son simplemente unha ONG, é un proxecto de transformación da realidade mundial desde unha perspectiva progresista do Sur, pero tamén dos países do Norte. Participa no debate por outro mundo que é posible, participa con pleno dereito na alterglobalización.

“Acción co Sur” é unha organización cidadá, pluralista e laica, comprometida cunha acción de transformación política e social para construír un modelo de desenvolvemento equitativo, sostible e democrático a escala mundial e global, para mulleres e homes. Como organización queren contribuír ao desenvolvemento da conciencia crítica da cidadanía, acompañando procesos de participación democrática e organización social, desde a solidariedade e a través da cooperación internacional.

Desde Fuco Buxán temos en marcha xa diversos proxectos conxuntos. En breve (28-11-2006), traeremos unha serie de curtametraxes feitas en diversos países por movementos populares de base, de Europa e Iberoamérica, e que forman parte do chamado “Noticieiro Internacional de Barrio”. Antes de acabalo ano, o 15 de decembro, presentaremos un libro sobre os efectos ca construción do Muro que Israel está a construír nos territorios ocupados de Palestina ten na poboación árabe.

Isto último seguirá sendo un tema que trataremos o vindeiro ano cunha ampla exposición fotográfica e mesas redondas que tendo Palestina no corazón, incidiremos nunha panorámica sobre o conxunto do mundo árabe. Tamén, permítome salientar un traballo sobre inmigración que ACSUR fixo con mulleres ecuatorianas e colombianas, que poderedes atopar na súa web e que unha parte desenvolveuse nesta comarca.

Os que seguides o traballo de Fuco Buxán, sabedes que levamos tempo falando de como asomarnos ao mundo exterior, en especial á alterglobalización e o conxunto de España. ACSUR pode ser un deses vínculos estratéxicos que nos conecte con ese aire anovado que necesitamos para sentir que os cambios poden perdurar no tempo.
Basicamente, coincidimos no perfil sociopolítico que desde a esquerda aposta pola transformación social, e nós coñecedores das limitacións que supón ser unha asociación galega radicada fundamentalmente en Ferrolterra creemos - e confiamos que os feitos o confirmen - ACSUR Las Segovias pode significar, para nós, ese auga de maio que piden as nosas actividades e nos permita participar no cambio de civilización que este mundo precisa.

Publicado en Razón Socialista, nº 21, ano XI, 2º semestre, 2006. (Presentada o 22 de Novembro).

Por: M Cendán | Atópase en Razón Socialista (Fuco Buxán) | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009