Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Bitácora do Nordés

Blog de Manuel Cendán

Benvido/a e grazas pola túa visita, tamén podes acceder desde http://manuelcendan.com

Búsqueda

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Estadisticas visitas

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Luns, 04 de Decembro de 2006

Galicia, terra de acollida

Nas vésperas do Día Internacional polos Dereitos dos Inmigrantes chegaron a Galicia o primeiro grupo de menores subsaharianos procedentes das Canarias, baixo a tutela da Xunta de Galicia. Fronte ao sensacionalismo, que fomenta o racismo e a xenofobia, debéramos deternos a pensar por qué uns menores deciden arriscala vida cruzando nun caiuco o Atlántico. Por qué, moitos deles, veñen despois dunha decisión colectiva tomada no seno das súas propias familias.

Aínda que sexa moi televisiva a entrada destes inmigrantes nas Canarias, hai que salientar co maior grupo de inmigración clandestina vén de Francia, ou vía aérea. En calquera caso, estamos a asistir a un desprazamento poboacional no mundo, que a diferenza das migracións anteriores, estes veñen si a traballar e, tamén a quedarse.

Pero, ¿por que é o “efecto chamada”? Deciden vir ante a situación caótica da situación política e socio – económica dos seus países de orixe, producida polas políticas exportadas por Europa e os EEUU, que baixo a doutrina do Banco Mundial, da OMC e o FMI expulsa ás xentes aos niveis de máxima pobreza. A globalización e os intereses das grandes empresas supón unha forma nova de neocolonialismo que destrúe as súas sociedades.

Ademais, coñecen o noso nivel de vida, e os comparan. Saben do crecemento económico español das últimas décadas. Hai, tamén un 22% economía somerxida, que demanda traballadores clandestinos, sen dereitos e mal pagados. Por iso, resulta perversas as intencións dunha parte da dereita e os seus “intelectuais orgánicos”, de pretender enfrontar aos inmigrantes cos traballadores do país. A presenza dos primeiros nos empregos peores e mal remunerados non baixan os salarios, nin sequera compiten, agás cos sectores sen formación básica e cos salarios máis baixos. O certo é ca inmigración e o crecemento económico, en España evolucionan ao mesmo tempo. E nunha situación de desaceleración da economía son precisamente os inmigrantes os máis vulnerables á perda do emprego, sen prestacións sociais, sen redes de protección social ou familiares consolidadas.

Fronte a estes intentos, que fomentan o racismo e a xenofobia é necesario fortalecer o modelo social europeo e o estado de benestar. Facilitar ao conxunto da poboación o acceso á educación, a sanidade, o emprego estable, e a vivenda. Recoñecer a todas as persoas que vivan no mesmo territorio iguais dereitos e deberes, incluído o dereito ao voto.

Os inmigrantes son persoas que teñen e deben ter recoñecidos os seus dereitos. O problema non son as persoas indocumentadas, senón a súa situación de marxinación. É a desigualdade a que xenera o conflito social. A inmigración é unha oportunidade que mellora a nosa sociedade, a rexuvenece, fainos máis competitivos no mundo global e suma os seus valores culturais aos nosos. A sociedade mestiza é máis rica.

Pero, tamén é certo que hai necesidade de unificar as políticas migratorias na UE, pero esta debe respectalos dereitos das persoas á súa dignidade e a elixir o seu proxecto de vida.

Fronte aos intentos de menosprezar ás persoas, é necesario visualizala inmigración en positivo. Por iso é tan importante o papel que están a desenvolver as súas propias asociacións. As administracións, en primeiro lugar as máis próximas aos cidadáns, como son os concellos, deberan apostar claramente por desenvolver políticas que faciliten a integración e o coñecemento mutuo. Non podemos vivir en camiños que aínda que paralelos, non se mesturan.

Desde os propios concellos deberan fomentala implicación do conxunto do movemento veciñal, cultural, sindical e dos propios inmigrantes, que permitiran implementar políticas sociais que garanta a todos os seus veciños, sen ningún tipo de discriminación, uns mínimos de vida. Trátase en definitiva de implicar á xente na vida dos seus barrios, e no coñecemento e respecto polo outro/a.

En calquera caso, acabo co obxectivo inicial deste artigo. Darlle os parabéns á Xunta de Galicia por esta acollida, e a benvida a estes mozos que obviamente viven a que, sen dúbida, será a experiencia máis dura da súa vida.

Publicado no Diario de Ferrol o 26 de outubro de 2006
Publicado no nº 21 de Razón Socialista, número que se presentou o mércores 22 novembro de 2006

Por: M Cendán | Atópase en Razón Socialista (Fuco Buxán) | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009