Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Bitácora do Nordés

Blog de Manuel Cendán

Benvido/a e grazas pola túa visita, tamén podes acceder desde http://manuelcendan.com

Búsqueda

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Estadisticas visitas

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Luns, 04 de Decembro de 2006

Os espazos públicos, espazos de liberdade

O Domingo pasado varios centenares de ferroláns, a pesar do tempo máis que desapracible, típico de duro inverno, estivemos enchendo as rúas do centro da cidade. Reclamamos que os nosos espazos públicos sexan considerados polo actual Goberno municipal un patrimonio común que non pode caer en mans dos especuladores.

Outra forma de entender o urbanismo como un servizo ao conxunto dos cidadáns, que necesitan e reclaman, espazos abertos, socializados, onde a cidade exprese a súa faceta humanística, é dicir, a súa faceta intrínseca como sociedade.

Levamos anos, os ferroláns, crendo que os sucesivos gobernos locais eran peor cos anteriores, e que xa tocábamos fondo. Pero, a verdade, é que o seguinte resultaba sempre peor. Máis, cales son as sinais de identidade dos actuais gobernantes (PP e IF), basicamente, dúas: poñer toda a cidade patas arriba, sen unha planificación adecuada das obras - algunhas levan xa anos - cunha planificación do tráfico rodado que brilla pola súa ausencia; e ofertar e hipotecar os espazos públicos a grupos empresariais, que loxicamente, só lles move o lucro.

Así, estamos asistindo á construcción por parte do Concello de Ferrol, dun edificio ilegal na Praza de España, que hipotecará a cidade durante 75 anos, para entregarllo a unha empresa privada, sen saber que gañamos os ferroláns. Ou cando vemos na Praza de Sartaña, que vaise a expropiar a pista polideportiva para que unha empresa privada monte un “spa”, todo isto enmedio das vivendas, que perden o único espazo verde e aberto do que dispoñen. Ou, tamén, vemos que ameazan con levantar a única praza decente que queda, a de Amboaxe, porque algún aproveitado quere facer un aparcadoiro baixo dela.

En fin, os cidadáns, e a democracia deben estar ao servizo da economía de mercado. Sobre todo, si esta está trucada. Este é o mundo ao revés.

Por iso, non é estraño que este domingo centos de persoas, de diversos colectivos sociais. Centos de persoas, diversas, de esquerda, pero tamén de dereitas. Civís, e recoñecidos veciños de estamentos militares estiveran protestando. Fartos estamos da especulación, desta falsa modernidade que asocia cemento con benestar.

Outro Ferrol é posible. Un Ferrol humanizado, onde todos podamos sentir que esta é a nosa cidade, e non un negocio privado ao servizo das contas bancarias das grandes construtoras.

En español

Por: M Cendán | Bitácora do Día | Comentarios (3) | Referencias (0)

Comentarios

Para entender un poco más de que trata este artículo, de sobra pertinente, os remito a los trabajos que en RAZÓN SOCIALISTA nº 21 analizan en profundidad la DESASTROSA política municipal y las perpectivas de los ferrolanos cara al futuro
Gracias.

Camarada josé | 05-12-2006 17:04:15

Un saudo dende http://www.espacioblog.com/ortigueira tamen na defensa dos espazos publicos

slow | 09-12-2006 22:25:56

Pois non se trataba de ningun spam, en Ortigueira levamos anos leriando cun alcalde que fai do publico espazo de uso exclusivo privado polo que enviabamos un saudo solidario e unha invitación a visitar o noso blog http://www.espacioblog.com/ortigueira
Un saúdo.

slow | 09-12-2006 22:28:57

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009