Benvido/a e grazas pola túa visita, tamén podes acceder desde http://manuelcendan.com
Colaboro en:
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 12 de Decembro de 2006
Venres, 15 de decembro, ás 20 horas en Sargadelos Ferrol.
Presentación do Libro:
“Los derechos a la sombra del Muro. Un castigo más para el pueblo palestino”. (Editorial Los libros de la Catarata).
Presenta: Manuel Cendán (Coordinador de Movementos Sociais da A.C. Fuco Buxán)
Intervén: Jordi Pedret (Vicepresidente da ONG ACSUR e deputado socialista por Barcelona)
Sinopsis do libro:
O 9 de xullo de 2004 a Corte Internacional de Xustiza emitiu unha Opinión Consultiva pola que declaraba contraria ao Dereito Internacional a construción do Muro que Israel levanta no territorio palestino ocupado. No mes de setembro de 2005, un grupo de xuristas realiza unha viaxe a Palestina co propósito de comprobar sobre o terreo a situación real dos dereitos fundamentais dos palestinos tras a negativa do goberno israelí a asumila decisión da Corte. Este libro é o resultado de aquel viaxe, das entrevistas e das reunións cós autores mantiveron alí con membros da sociedade civil palestina e israelí, con políticos e xuristas de diferente signo e con representantes de organizacións internacionais; pero tamén do impacto de esta experiencia en cada un deles; os encontros e as conversas coa poboación afectada, coas persoas que día a día sofren os estragos que supón a ocupación israelí dos seus territorios.
Unha ocupación que, lonxe de chegar ao seu fin, amosa agora a súa última e máis terrible cara: o Muro. A pesar da Opinión Consultiva e do que ela esixe ao Estado de Israel e ao resto da Comunidade Internacional, o Muro continúa implacable coa súa senda de destrución polos territorios palestinos de Cisxordania, adéntrase máis alá das fronteiras internacionalmente recoñecidas entre Palestina e Israel, acaba con todo o que encontra no seu camiño, impide o normal desenvolvemento da vida cotiá e fai imposible o exercicio do dereito dos palestinos a súa libre determinación política.
Este é un libro colectivo onde participan:
Fátima Aburto Baselga (Deputada socialista e portavoz adxunta da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados).
David Bondía García (Profesor de Dereito Internacional da Universidade de Barcelona)
Rafael Escudero Alday (Profesor de Filosofía do Dereito a Universidade Carlos III de Madrid)
José Antonio Martín Pallín (Maxistrado da Sala do Penal do Tribunal Supremo)
Jordi Pedret i Grenzner (Deputado socialista por Barcelona, Vicepresidente de ACSUR – Las Segovias e da Fundación ArtSur)
Carme Pérez-Carballo Veiga (Subdirectora económico-financeira da Comisión Nacional da Enerxía, Membro da Presidencia Federal de Izquierda Unida)
Mª Fernanda Pizzini Bontempo (Colaboradora no Institut de Drets Humans de Catalunya e Profesora da Universidade Nacional de Mar del Plata)
Jaume Saura Estapá (Profesor de Dereito Internacional da Universidade de Barcelona, e foi Coordinador Rexional da Unidade Electoral da Unión Europea en Palestina 1995 / 1996)
Organiza: a Asociación Cultural Fuco Buxán en colaboración da ONG ACSUR – Las Segovias, e a Galería Sargadelos – Ferrol.
En español
Por: M Cendán | Bitácora do Día | Comentarios (0) | Referencias (0)